Máis de 4.700 personas presentáronse ás probas para o corpo auxiliar C2

Oposición
Redacción ECG
Opositores no recinto do Ifevi, en Vigo. Foto: Xunta

OPE. Un total de 4.713 persoas participaron este domingo nas oposicións para 341 prazas do corpo auxiliar C2 da Xunta de Galicia. A porcentaxe de participación nos exames que se celebraron de xeito simultáneo no recinto da Feira internacional de Silleda e no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), foi do 47%. Esta é a convocatoria co maior número de prazas, e o segundo proceso ao que concorre un maior número de aspirantes despois do da agrupación profesional de persoal subalterno. Ademais, o corpo auxiliar administrativo é un dos máis numerosos da Administración autonómica, pois na actualidade, máis de 3.000 profesionais ocupan prazas nesta categoría. Os exames desenvolvéronse con todas as garantías sanitarias logo de que as autoridades sanitarias autorizaran a súa celebración seguindo protocolos de actuación que garanten a súa realización con seguridade e conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade. A Xunta informa que un operativo formado por 244 persoas controlou que o proceso selectivo se desenvolvese de xeito correcto e con total seguridade. Tanto o recinto de Silleda coma o de Vigo dispoñían dunha ambulancia habilitada para atender calquera incidencia que se puidese producir. redacción ecg