Manifestación en favor da actividade e emprego na conserveira Thenaisie Provoté

Os traballadores piden que se evite a liquidación da empresa en concurso e un investidor se faga coa unidade produtiva
Alimentación
José Calviño
Marcha polo futuro da conserveira Thenaisie Provote no Grove. Foto: CCOO Industria Galicia

O martes da semana pasada iniciaban as traballadoras da conserveira arousá Thenaisie Provoté seis xornadas de folga e onte, domingo, reivindicaron a súa actividade e emprego cunha marcha que partía a mediodía do concello do Grove, de camiño o centro de produción que a empresa ten na localidade. O outro está en Mos. A firma está en proceso concursal, e o comité de empresa, do que forma parte CCOO, esíxelle á Xunta implicación para garantir os postos de traballo e evitar o peche dunhas instalacións que empregan a centos de persoas. O obxectivo é evitar a liquidación de Thenaisie e insisten en que hai unha solución “real e sólida” para a continuidade, que é que un investidor se faga coa unidade produtiva, actualmente en mans do grupo Scandia Food. Este martes e o xoves volverán os paros ás dúas factorías.