Nivel alto de restricións en Sarria, Cambados, A Illa, Vilanova e Vilagarcía

Os municipios de Culleredo, Ribadavia, Ourense, Barbadás, Caldas de Reis, Poio, Pontevedra, Marín, Redondela e Salceda de Caselas terán que cumprir as normas establecidas no nivel medio
COVID
El Correo Gallego
Estudiante Erasmus de la UV recibiendo la vacuna contra la Covid-19. JORGE GIL -EUROPA PRESS 05/07/2021

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola COVID, vén de acordar, na súa xuntanza deste martes, o nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Ribadavia, Ourense, Barbadás, Caldas de Reis, Poio, Pontevedra, Marín, Redondela e Salceda de Caselas. Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 10 de xullo.