O BNG non quere máis eólicos nos enclaves do noso litoral

parques eólicos
Redacción
Rosana Pérez, voceira parlamentaris de Pesca do Bloque Nacionalista Galego.

Pueblo. O BNG remitiu ao Ministerio para a Transición Ecolóxica un documento no que propón declarar o litoral galego como espazo “non apto” para a instalación de parque eólicos mariños.

Este escrito prodúcese como reacción á consulta pública, por parte do Ministerio, sobre a avaliación ambiental dos chamados Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM), cos que se pretende regular a instalación destes parques na costa de Galicia. Segundo explicou a formación nacionalista nun comunicado, a implantación dos devanditos parques é “incompatible” coa actividade pesqueira, un sector que é “clave” desde o punto de vista económico e ambiental. Neste sentido, a vocerira parlamentaria de Pesca do BNG, Rosana Pérez, destacou que a pesca produce beneficios para toda a comunidade e “non só para catro grandes empresas”, ademais de xerar emprego “tanto directo como indirecto”.

A este respecto, o BNG esixe ao Goberno galego que “exerza as súas competencias” e “encabece” a defensa do sector pesqueiro e mariñeiro co fin de que as “grandes eléctricas” non “acaben con todo”. Ademais, no documento de observacións remitido ao Ministerio de Transición Ecolóxica, a formación nacionalista tamén fai referencia ao “perigo” da maior concentración do tráfico marítimo comercial que se produciría coa instalación dos parques, cunha afectación ao marisqueo “tanto a pé como á boia”.

Igualmente, o BNG destacou as competencias galegas sobre toda a súa costa, na que calquera instalación mariña require da autorización por parte da Xunta de Galicia. redacción ecg