O BNG oponse á proposta europea para limitar a actividade pesqueira

Pesca
Redacción ECG

Pesca. O Bloque Nacionalista Galego solicitou a comparecencia do Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación no Congreso para que

explique a posición do Goberno central ante a intención da Comisión Europea de pechar á actividade pesqueira un total de 94 caladoiros de todo o continente.

As áreas afectadas van desde o Golfo de Cádiz até a zo até o oeste de Escocia, nunha medidad que, de concretarse, afectará aos buques que teñen contacto co fondo como son os buques de arrastre e de palangre.

Por outra banda, o deputado do BNG na cámara baixa, Néstor Rego, comprometeuse a traballar para que o executivo estatal non apoie esta medida; “Estamos a falar dunha decisión que afecta moi negativamente ao conxunto da frota pesqueira do Estado español e, especialmente, para a galega”, afirmou este.Texto. ECG