O Parlamento urxe ao Ministerio unha convocatoria
de prazas para reducir a interinidade nos xuzgados

Carla Ubeira

HEmiciclo O Parlamento galego aprobou onte por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se urxe ao Ministerio de Xustiza que proceda canto antes á convocatoria das prazas correspondentes aos corpos de médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, e mais auxilio xudicial, así como á axilización dos procesos das dimanantes, co obxectivo de acadar o maior grado de profesionalización posible reducindo a taxa de interinidade na Administración de Xustiza en Galicia. A viceportavoz do grupo popular, Paula Prado, lembrou que a Administración do Estado “é a competente para a creación de novas unidades xudiciais, ao tempo que as comunidades autónomas con competencias traspasadas facilitarán os medios que fornecen o funcionamento do Poder Xudicial e realizarán a xestión dopersoal funcionario”. Prado ademáis sinalou que o Real Decreto 636/2021 recolle a autorización de 1.339 prazas de persoal ao servizo da Administración de Xustiza. c. uBEIRA