O porto da Coruña recibe dous navíos esta semana en plena volta ao mundo

Mar
El Correo Gallego
O veleiro ‘Statsraad Lehmkuhl’ navegando. Foto: ECG

MAR. O Porto da Coruña recibirá este sábado ao veleiro noruegués Statsraad Lehmkuhl, que ten previsto a súa atracada no peirao de Transatlánticos ás 11 horas. Á vez que tamén fará de anfitrión hoxe, ao Trimarán ruso Russian Ocean Way, promovido pola sociedade Xeográfica Rusa dentro do Proxecto Internacional Expedición Volta ao Mundo.

Pola súa parte, a visita do Statsraad Lehmkuhl trátase dunha escala moi especial, a primeira que realizará este fermoso buque no marco da expedición OneOcean.

O barco, que foi acondicionado como buque de investigación de vangarda, partiu o 20 de agosto de Arendal para realizar unha extensa volta ao mundo durante 20 meses, nos que navegará 55.000 millas e visitará 36 portos. A organización desta singular travesía decidiu manter a súa escala na Coruña. O Statsraad Lehmkuhl, de 98 metros de eslora, reconverteuse como buque de investigación de vangarda e tamén para o ensino da sustentabilidade.

No caso do barco ruso, será recibido por Martín Fernández Prado, o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña. Tras a súa visita, seguirán o seu percorrido durante os dous anos que dura a expedición internacional para abrir vías de encontro na cooperación internacional. ECG