Plan de choque da Xunta para axudar a paliar a crise agravada pola guerra

Feijóo pídelle ao Goberno central que actúe e incide na necesidade de baixar o IVE, o imposto da electricidade ao tipo superreducido e de insistir ante a UE na recorte do IVE aos combustibles
Redacción ECG
PONTEVEDRA (GALICIA), 21/03/2022.- El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo (c), posa junto al presidente de la CEP, Jorge Cebreiros (2-i), el empresario Roberto Tojeiro (2-d), el presidente del Parlamento de Galicia, Miguel Angel Santalices (i), y la delegada de la Xunta, Marta Fernandez-Tapias (d), durante la clausura de la Asamblea General de la Confederación de Empresarios de Pontevedra, este lunes. EFE/Salvador Sas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o Plan de choque da Xunta para axudar a paliar a crise agravada pola guerra e pediu ao Goberno central que tome decisións. Durante a súa participación na clausura da Asemblea da CEP, Feijóo aseverou que a situación non fixo máis que empeorar para as industrias e para as familias. Ao respecto, incidiu na necesidade de baixar o IVE, de baixar o imposto da electricidade ao tipo superreducido e de insistir ante a UE na baixada do IVE aos combustibles. “Débese anunciar a que se vai dedicar o exceso dos ingresos fiscais dos últimos meses como consecuencia do prezo da enerxía e dos carburantes”, demandou. Nesta liña, resaltou que, pola súa banda, o Executivo autonómico puxo en marcha un plan con medidas urxentes e transitorias, entre as que destacan a axilización do lanzamento do bono social térmico, que beneficiará a 66.000 familias, e que se complementará cun ingreso adicional de 100 euros. “Adiantaremos aos gandeiros as axudas da PAC con cargo á Administración autonómica; tomamos a decisión de poñer en marcha liñas de crédito de ata 20.000 euros para atender compras de circulante por parte dos gandeiros, tamén avaladas pola Comunidade Autónoma; ademais de instar ao Ministerio de Agricultura a que o Banco de España autorice ás entidades financeiras a concesión dunha moratoria dun ano no pago das amortizacións dos préstamos a longo prazo que teñen os gandeiros”, explicou.

E, en relación ao sector do mar, Feijóo aseverou que a Xunta articulará unha subvención que compense aos profesionais do pago de, como mínimo, dous meses das taxas portuarias dos portos de titularidade autonómica. Por último, Feijóo aseverou que a Xunta blindará ao sector do transporte de viaxeiros por estrada fronte a suba exponencial do prezo dos carburantes cunha inxección de 3,5 millóns de euros.