Rebaixas en transporte e enerxía levan o IPC a negativo pese a subir a comida

El Correo Gallego
Traballadoras entre alimentos nun supermercado. Foto: V. E.

INFLACIÓN. O índice xeral de prezos de Galicia correspondente a xullo rexistrou, segundo o IGE, unha caída do 1 % con respecto a xuño, superando nunha décima a caída no conxunto de España (-0,9 %). En relación ao mesmo mes de 2019 os prezos rexistraron unha baixada do 0,7 %, taxa unha décima inferior á rexistrada tamén en todo o Estado (-0,6).

En termos de inflación interanual, os grupos que presentan uns crecementos máis elevados foron os alimentos e bebidas non alcohólicas (2,4 %) e o ensino (1,7 %). Se imos ás rúbricas concretas, as maiores subas foron nas froitas frescas cun 12,1 %, e con máis dun 4 % distintos tipos de carnes, a excepción do vacún (0,8 %) e a de ave (1,9 %). As maiores caídas foron nos prezos de vivenda, auga, luz, gas e outros combustibles” (-4,9 %) e no transporte (-5,2 %). J. C.