Segunda xornada sen novos achados na procura do piragüista José Manuel Penas

Operativo
EFE/E.P.
Un guardia civil marítimo y dos bomberos en un dispositivo de búsqueda en la Ría de Pontevedra, a 28 de octubre de 2022, en Pontevedra, Galicia (España). Los bomberos de Pontevedra han desplegado un dispositivo de búsqueda en el río Lérez por un piragüist - Beatriz Ciscar - Europa Press

Pontevedra. A xornada de onte rematou sen novos achados na procura de José Manuel Penas, o piragüista que desapareceu o pasado venres nas augas do río Lérez ao seu paso por Pontevedra. As tarefas de búsqueda suspendéronse minutos antes das 19:30 horas, obrigados pola posta do sol.

Desde primeira hora da mañá de onte, os mergulladores do Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil, Salvamento Marítimo e membros dos bombeiros e da Policía Local despregáronse polo Lérez para continuar coa búsqueda, logo de ter que suspendela o venres pola mala visbilidade.

Con todo, a turbidez da auga seguiu sendo un escollo para avanzar nos traballos de pesquisa e o día de onte rematou sen novos achados, igual que o fixo a xornada do venres. Segundo a edil de Protección e Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, os servizos de emerxencias estanse axudado dun plotter e unha cámara “para poder ver por baixo da auga” e que se poida “mellorar” a visibilidade. “Pero as condicións non son tampouco as mellores”.

A última vez que se viu ao piragüista foi na zona do río entre a Ponte das Correntes e a gasolineira do Burgo. Trátase dun experto neste deporte, que practicou durante anos ata que unha afección pulmonar retiroulle da práctica habitual. Asemade, José Manuel Penas Balchada está vinculado ao Club Naval de Pontevedra e é irmán da expalista olímpica Ana Penas.

Foi un particular que estaba a correr pola Avenida de Domingo Fontán o que viu como caía na zona do río entre a Ponte das Correntes e a gasolineira do Burgo. Segundo esta testemuña, nun primeiro momento o piragüista logrou agarrarse á embarcación pero finalmente acabou afundíndose no río.

Inmediatamente alertou ao 112 que activou o operativo de rescate no que, ademais dos Bombeiros de Pontevedra, tamén participan a Policía Local e a Policía Nacional. O 112 tamén avisou ao servizo de Salvamento Marítimo.

Tamén chegou a afundirse parcialmente a piragua baleira, que foi recuperada unhas horas máis tarde polo operativo de bombeiros, que a trasladaron ao pantalán do Club Náutico. EP/EFE