Un proxecto de 15 millóns de euros busca fondos Next Gen para crear un mercado ‘online’ de produtos galegos

Venta online
José Calviño
Vista de algunos de los principales ‘marketplaces’ mundiales, donde Galicia busca situar una propio para sus productores locales. Foto: Amvos-Digital

Todo o mundo sabe o que é Amazon, uns dos grandes zocos virtuais. E quén non coñece eBay? Ou cada vez máis xente pica e compra en China a través de AliExpress... Estes tres son algúns dos meirandes marketplace ou mercados online do mundo, terreo onde Galicia ten que entrar se quere sobrevivir as novas tendencias do consumo global.

E por iso que, dentro da candidatura galega aos fondos europeos Next Generation inclúese a xeración dun ecosistema dixital que aborde toda a cadea de valor da produción, fabricación ou elaboración de produtos galegos cos obxectivos, primeiro, de garantir a trazabilidade, ofrecendo a garantía de que a orixe e tratamento están acordes cos estándares de calidade e sostibilidade esperados.

Promoverase unha canle de venda dixital segura e confiable que servirá de impulso ao comercio de proximidade e facilitará o acceso de produtos galegos a outros mercados. E, en terceiro lugar, reforzarase a capacidade de xeración e análise de datos ao amparo dos programas de control e rexistro de actividade, para así ter unha imaxe máis real das necesidades dos actores do sector primario.

O proxecto, capitaneado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e colectivos do ecosistema de produtores locais galegos, contará cun orzamento duns 15 millóns de euros para o período 2022-2026 financiar ao 100 % cos fondos da UE.

Estos recursos permitirán o deseño e implementación dun marketplace dixital, seguro e confiable que, sobre a base dun modelo de colaboración público–privado, impulse o comercio de proximidade e incentive a exportación de produtos galegos a outros mercados. Facilitará ferramentas sinxelas de xestión dinámica da demanda, que permitan ao pequeno comerciante ir elevando a súa capacidade de venda de forma paulatina e facilitará a xestión de pagos e a intermediación fronte ás grandes plataformas loxísticas e de distribución, favorecendo un proceso de dixitalización adaptado á realidade das pemes.

Entre os principais impactos que se tratan de conseguir con esta iniciativa está a mellora da competitividade do sector de produtores locais, a través da adopción de tecnoloxías dixitais na súa actividade e a xeración de valor nos produtos que se producen e transforman en Galicia, potenciando a súa adaptación aos novos requirimentos dos clientes na economía dixital.