Un total de 781 empregados públicos participaron este domingo nas probas de funcionarización da Xunta

Oferta pública de empleo
E.P.
Os opositores e opositoras no recinto feiral de Silleda

SANTIAGO. EP. Un total de 781 empregados públicos da Xunta de Galicia participaron este domingo nas probas da segunda fase do proceso de funcionarización voluntaria convocadas pola Administración Autonómica. Tal e como informou a Consellería de Facenda nun comunicado, a estes exames estaban convocados un total de 827 profesionais, polo que a participación chegou ao 94,4%. Así, esta mañá tivo lugar o exercicio para funcionarizar ao persoal laboral fixo do grupo V na agrupación profesional de persoal funcionario (AP). En concreto, os empregados públicosque participan nestas probas de funcionarización voluntaria son os que desempeñan categorías profesionais de limpeza e cociña, recursos naturais e ordenanzas. As probas realizáronse simultaneamente en Santiago de Compostela, na Facultade de Dereito, na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais e na Escola Galega de Administración Pública(EGAP).

PROCESO DE FUNCIONARIZACIÓN

O departamento autonómico explicou que o proceso de funcionarización é de carácter voluntario e que habilita ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta que superou un proceso para ter esa condición de persoal laboral fixo, para adquirir a condiciónde persoal funcionario de carreira a través dun procedemento específico. Este procedemento non ten por obxecto o acceso á Administración nin o ascenso de escala ou categoría, senón a transformación voluntaria en funcionarios dos traballadores que xa teñen unha praza fixa na Administración como persoal laboral fixo, matizou a Consellería.