A actriz compostelá Patricia Vázquez álzase co premio Maruxa Villanueva

Premios de Teatro
ARCA
Membros do xurado do Maruxa Villanueva co alcalde Foto/C.P.

PADRóN. O xurado do XXII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, presidido pola concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, concedeulle o galardón á actriz Patricia Vázquez. Á compostelá recoñéceselle o seu traballo na produción O porco de pé, da compañía Excéntricas Producións, así como a súa longa traxectoria sobre as táboas e ante as cámaras. O fallo decidiuse por unanimidade. “É de xustiza recoñecer o traballo dunha das actrices cunha traxectoria máis destacada no teatro e no audiovisual galegos”, apuntou Couso. No xurado estaban a escritora Inma López; o profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho; o dramaturgo Afonso Becerra; o director da Mostra de Teatro de Ribadavia, Roberto Pascual; e a animadora social Cruz Taboada. arca