A camelia centra os debuxos dos nenos de Vedra

Certame de debuxo
Claudina Estévez
A camelia é o tema dos debuxos. Foto: P.G.

VEDRA. O Concello de Vedra abre a edición 23 do concurso de pintura infantil da camelia, unha iniciativa enmarcada nas XXVII Xornadas Arredor da Camelia. O prazo para participar está activo ata o 20 deste mes e poderán enviar os seus traballos os nenos e nenas de 3 a 12 anos de toda Galicia. O tema será a camelia e a técnica a empregar, libre. Os traballos deben presentarse en cartolina ríxida ou soporte similar, e en tamaño A4. Deben entregarse os debuxos no colexio (si se está matriculado nalgún de Vedra) ou na casa da concello. Haberá tres categorías por idades, e un premio en cada unha. O fallo coñecerase o 26 de febreiro e publicarase na web municipal. C.E.