A campaña de doazón de sangue terá lugar esta semana no Milladoiro

Doazón
Pedro Brea
Unidade móbil de doazón de sangue sita na rúa da Cruxa, no Milladoiro. Foto: Redacción

Ames. A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 22 e venres 23 de xullo na rúa Cruxa do Milladoiro, no cruce con Rosalía de Castro. O horario do xoves será de mañá e de tarde, de 09.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas. O venres, estará só de tarde, entre as 15.30 e as 21.00 horas. Por mor da pandemia da COVID e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828. Os traballadores e traballadoras sanitarios que atenden as unidades móbiles de doazón de sangue extreman estes días os protocolos de seguridade. Cómpre salientar asemade que á saída e á entrada de cada local de doazón e nas unidades móbiles hai un envase con desinfectante para que os doantes o utilicen antes de acceder á zona de revisión de saúde e despois de realizar a doazón. p. b.