A cuarta farmacia do Milladoiro xa comezou a prestar os seus servizos

Farmacia
Pedro Brea
Imaxe da Farmacia Fol, a nova botica situada na Travesa do Porto, no Milladoiro. Foto: FB

Ames. O Milladoiro conta dende a pasada semana cunha nova farmacia, situada na Travesa do Porto. Súmase así ás tres xa existentes no municipio. Esta nova botica foi adxudicada a comezos do pasado ano no posto número catro, dentro das corenta e unha prazas que a Xunta de Galicia sacou a concurso público. Pertencente á parroquía de Biduído, finalmente decidiu abrir as súas portas no Milladoiro. Deste xeito, a atención dos servizos farmacolóxicos queda cuberta en todos os puntos da cidade amesá. Doutra banda, o núcleo veciño de Bertamiráns tamén estrea boticas, as dúas que se lle adxudicaron á parroquía de Ortoño no concurso do pasado ano. Ambas foron outorgadas nos primeiros postos, xa que saíron en décimo e duodécimo lugar. Así, Ames en relación habitantes e farmacias iguala a concellos con máis poboación. P.B.R.