A Deputación envórcase cos discapacitados de Barcala

Personas con discapacidad
M. Manteiga
Sede da Fundación para a protección de discapacitados psíquicos da Comarca de Barcala en Negreira. Foto: CG

Negreira. A Deputación Provincial da Coruña concede unha subvención de 12.000€ á Fundación para a protección de discapacitados psíquicos da Comarca de Barcala, que destinarán ó mantemento do centro ocupacional.

A subvención vai destinada a costear gastos de teléfono, e internet, compra de aprovisionamentos (produtos de limpeza, materiais de oficina), reparacións e conservación de equipos informáticos, servizos externos como por exemplo o de catering. “Polo tanto esta subvención é imprescindible para manter o centro ocupacional en funcionamento e así poder dar este servizo de atención diurna ás persoas con discapacidade intelectual da comarca de Barcala que asisten diariamente de luns a venres en horario que vai dende as 10.00 horas a 17.00 horas”, apunta a súa directora Rosa Tuñás.

“Esta subvención permítenos prestar a atención necesaria ás persoas usuarias que asisten aos dous centros ocupacionais divididos en dous grupos para seguir coas medidas hixiénico sanitarias de acordo co noso plan de acción para a prevención do contaxio por COVID”, remata. M.M.