A Deputación premia a viñeta da teense Alba Acuña La Rosa

Premio
M. Outeiro
Premiadas no certame da Deputación coruñesa sobre viñetas en pro da igualdade. Foto: Torrecilla

Teo. Tres mozas da Coruña, dúas de Santiago e unha de Teo –Alba Acuña La Rosa– foron as gañadoras do concurso de viñetas Moito por cambiar, convocado pola área de Igualdade da Deputación da Coruña. Nesta edición da convocatoria, o tema sobre o que a poboación moza debía crear as súas viñetas tiña como eixo central o impacto social da covid, nomeadamente en relación ao efecto multiplicador en cuestións como a precariedade laboral, a feminización da pobreza ou as necesidades de coidados.

Nesta edición do certame, na categoría de 12 a 14 anos, o primeiro premio recaeu no traballo Bolboreta de Alba Acuña La Rosa (Teo), o segundo premio en Hatsune Miku de María Díaz Fernández (A Coruña), e o terceiro en Meliciana de Meliza Ruth Chaparro (A Coruña). Mentres, na categoría de 15 a 18 anos, o primeiro premio foi para Folerpiña de Xiana Andrade Fuentes (Santiago), o segundo para Nais de Naiara Galván Silveiro (A Coruña), e o terceiro para Armay de Norhaili Victoria Marzol Segovia (Santiago ). Asistiron os deputados Xurxo Couto e María Muíño. M. Outeiro