A Deputación subvenciona os gastos da fundación barcalesa de discapacitados

Persoas con discapacidade
M. Manteiga
Usuarios na Fundación de persoas con discapacidade psíquica da comarca de Barcala no pasado Nadal. Foto: CDB

A Barcala. A Deputación da Coruña concedeu unha subvención á Fundación para a protección de persoas con discapacitade psíquica da comarca de Barcala de 16.000 euros coa que vai contribuír a diferentes gastos do centro ocupacional Negreira I.

Entre eles, destacan a compra de aprovisionamentos, gastos de seguros, produtos e material de limpeza, reparacións e conservación de equipos informáticos, servizos externos prestados como prevención de riscos, e protección de datos, combustible , gastos de teléfono ou luz.

“Esta subvención é imprescindible e necesaria para poder manter o centro ocupacional en funcionamento e así poder ofrecer o servizo de atención diurna ás dezaseis persoas usuarias dos concellos de Negreira e A Baña que asisten diariamente de luns a venres, de 10.00 a 17.00 horas”, di a directora, que aproveita para agradecer a aportación provincial “dada a súa importancia”. M. Manteiga