en Padrón

LGTBi
S. E.
Mostra ‘A rede visible” no seu paso por Santiago

Padrón. O Concello de Padrón inaugura este venres unha nova exposición fotográfica na rúa, A rede visible, que organiza o CIM con motivo da celebración do Día Internacional polos dereitos do colectivo LGTBI, o 28 de xuño. Componse de 16 paneis verticais de vinilo con imaxes de mulleres galegas reais.

A mostra articulase co obxectivo de dar visibilidade ás mulleres bisexuais, lesbianas ou trans. Elas amosan con orgullo a súa diversidade e a súa vida en tódolos eidos alén dos prexuízos ou das expectativas alleas. Segundo denuncian dende Les Coruña, “as mulleres LBT seguen a sufrir todo tipo de vexacións, rexeitamentos, acoso discriminacións familiares, escolares e profesionais”. s. e.