A foto que ‘Ilumina o teu sorriso’ é de Pablo Tarrío

Certamen de fotografía
M. Manteiga
A concelleira Ana Belén Paz, primeira pola esquerda, cos técnicos e empresarios. Foto: CDA

A Maía. A campaña Ilumina o teu sorriso, que volveu por terceiro ano consecutivo co fin de dinamizar e fomentar o comercio e a hostalaría local, xa ten gañador: o veciño Pablo Tarrío Goy, que recibirá un teléfono de última xeración doado por Rueiro Clínica Dental.

Ao recente acto do sorteo asistiron representantes das asociacións de comerciantes e empresarios de Ames, de Rueiro Clínica Dental e do estudo Javier Troitiño Fotógrafo, acompañados de persoal técnico do departamento de Promoción Económica, Jorge Couñugado, e da propia concelleira deste departamento, Ana Belén Paz. Ademais, e coa campaña xa concluída, o estudo Javier Troitiño Fotógrafo vai organizar unha exposición con todas as fotografías que participaron no concurso nos establecementos asociados ás tres asociacións de empresarios e comerciantes, despois de que xa foran publicadas no Instagram e no Facebook (pódese ver en @amesnarua). M. Outeiro