A Gramola Gominola vai actuar en Apego o día 23

Apego
M. Outeiro
Compoñentes do grupo de música para cativos A Gramola Gominola en concerto. Foto: AGG

Ames. Continúa o programa Apego de Ames en setembro co espectáculo musical O poder da Superlingua, que virá a cargo do grupo A Gramola Gominola. Trátase dunha proposta na que a lingua se converte nunha superheroína, coa que poder cantar, ler, bailar, investigar, xogar ou amar. E chegará o vindeiro venres 23 de setembro, ás 18.00 horas, ata a casa da cultura de Bertamiráns. Para asistir ao concerto, de balde e dirixido ao público familiar, cómpre inscribirse (hai ata o día 22 de setembro), enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade dos rapaces. A Gramola Gominola é unha banda de rock and roll en galego para o público cativo, e está integrada por Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos). M.O.