A industria médica amesá atrae a empresarios saudís

Industria
M. Outeiro
Mowaffag Albayouk, pola esquerda, con Blas García e Manuel Parente no concello. Foto: BG

A Maía. O rexedor amesán, Blas García, recibiu no concello a Mowaffag Albayouk e a súa dona. Albayouk é presidente da empresa saudí NABD Medical que traballa coa empresa amesá Conic Vascular que dirixe Manuel Parente, e que fabrica stents no país árabe, ademais de exportar outra serie de produtos e materiais.

Durante a xuntanza, o mandatario, edís e técnicos explicáronlle as características deste municipio maián, e regaláronlle un libro de imaxes de Ames. “Agradecer a Manuel Parente e a Sergio que fagan de embaixadores do noso concello e nos dean a coñecer noutros lugares”, apuntaba García. Hai que lembrar que Conic Vascular, con sede en Bertamiráns, foi a empresa elexida pola compañía de Arabia Saudita para instalar unha pranta de fabricación dos seus produtos, dispositivos médicos para os campos da cardioloxía e radioloxía intervencionista, como son os catéteres de balón e os stent arteriais. M. Outeiro