A mocidade colaborou e ensaiou estratexias cun paintball de Trouleando

Colaboración
M.M.
Algúns dos asistentes á xornada de paintball no Trouleando de Mocidade. Foto: autorfo

Ames. O Trouleando do mes de febreiro foi un éxito. Na saída ao campo de paintball do Eo dos Menecos, en Teo, participaron 40 rapaces de entre doce e vinte un anos, e foron moitos e moitas os que quedaron na listaxe de agarda. Ao longo dunhas tres horas, a rapazada amesá gozou dunha tarde de diversión, xogo en equipo e contacto coa natureza. A concellería de Mocidade, pola súa banda, xa está argallando unha nova edición do Trouleando para o mes de marzo coa que sorprender á rapazada amesá. Os dez mil metros cadrados do campo de paintball do Eo dos Menecos, situado en Oza, no Concello de Teo, foron o escenario do Trouleando do mes de febreiro. Gozaron da actividade en equipo, que combinou exercicio, estratexia, contacto coa natureza, pero tamén divertironse como poucas veces, descargando unha morea de adrenalina. M.M.