A Orquesta París de Noia actuará no mes de setembro no AmesOn

Música
Pedro Brea
París de Noia nunha das últimas actuacións que fixo antes da pandemia. Foto: París de Noia

Ames. A concellaría de promoción económica xunto coa de cultura xuntan forzas este verán para dinamizar as actividades en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. O segundo concerto, dos trece que están programados, será o de The Goonies, un grupo de pop rock que versiona temas clásicos. Actuará hoxe ás 20.00 horas, na Praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. A banda está formada por tres integrantes, Óscar Rodil, batería, Paco Prol, guitarrista e coros, e San Escalera, voz principal e guitarrista. A programación de xullo continuará o sábado 17 coa Primeira Edición da Festa Latina que homenaxeará a Cuba. Celebrarase no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Ambas na Praza de Manuel Murgía. A programación finalizará coa actuación estelar da Orquesta París de Noia, que este ano contará cun karaoke. p.b