A parcelaria xalleira de Arantón-Santa Sabiña xa ten acordo

Concentración Parcelaria
O.D. Vilar
Entorno da parroquia xalleira de Arantón, onde están en proceso de concentración parcelaria. Foto: GM

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar este mércores o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Arantón–Santa Sabiña, no Concello de Santa Comba, que afecta a unha superficie de 1.515 hectáreas.

Este paso supón a determinación dos predios de reemprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Así, reorganizáronse un total de 9.489 parcelas de 1.046 propietarios en 2.051 predios, nun proceso que ata agora supuxo un investimento próximo aos 3 millóns de euros por parte da Xunta.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación persoal ou, no seu defecto, da súa publicación no Diario

Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.