A parroquia do Barro, en A Baña, ten fibra óptica

Fibra óptica
Claudina Estévez
Imaxe da parroquia do Barro, pertencente ao concello da Baña. Foto: C. A Baña

A BAÑA. Telefónica vén de confirmarlle ao Concello da Baña que a parroquia do Barro conta xa con cobertura de fibra óptica, o que lle permitirá dispoñer dun bo acceso a internet e dunha mellor cobertura móbil. Ademais, e segundo lle comunicaron ao alcalde, Andrés García Cardeso, dende a dirección xeral de Telefónica en Galicia, as parroquias de Marcelle e de Suevos disporán da

rede ultrarrápida de fibra óptica a partir do 10 de agosto. Con estas actuacións, consideradas prioritarias por parte do goberno local, preténdese dotar a todo o rural bañense das ferramentas necesarias para que toda a veciñanza dispoña de acceso á internet e de cobertura 4G, eliminando deste xeito as barreiras dixitais. A pretensión do Concello da Baña é cubrir todos os puntos do municipio e neste obxectivo levan xa traballando meses. En febreiro, o Concello asinou un convenio co teleoperador neutro de comunicacións Rede Aberta para despregar a fibra na vila. C.E.