A patronal de Negreira ENe sorteará 500 € polo Día da Nai

Sorteos
O.D. Vilar
Un dos locais participantes na entrega de tiques para o sorteo polo Día da Nai en Negreira. foto: GM

Barcala. A Asociación de empresarios ENe de Negreira celebra o Día da Nai esta semana con 500 euros en premios. A iniciativa, que durará ata o vindeiro sábado día 1, consiste en que por compras ou consumicións superiores a 15 euros nos establecementos asociados, o cliente recibe un tiquet que debe de cubrir para o sorteo de dez cheques o vindeiro 6 de maio.

Os premios serán entregados no establecemento onde se realizou a compra, e toman parte nesta iniciativa Acova Antigüedades, Muebles Gran Vía, María Recarey, Hedra Atelier, Estipel, Lúa Moda, Garsport, Katarina Home, Breogán Deportes, Bárbara Torres, Lunares y Pecas, Mafer Casa y Regalos, Presume Bambino, Milano Complementos, Estanco Freire, Opel Baliñas, Legalei, we are b, Abraham Fotógrafas, Ópticas Ferreiro, Grupo Chancela Automoción, Salón de Belleza Elva Camiño, Fisionicra, Panadería Xallas, así como Piruletas a lo loco.

E do mesmo xeito, tamén participarán algúns dos locais hostaleiros da vila, coma Casa Barqueiro, Bar O Cotón, Bar D´ Tapas, Pizzería Milio e Pizzería Alecrín. O.D. Vilar