A piscina de Rois duplica usuarios pola vaga de calor

Piscinas
ARCA
Alguns bañistas apuran ata o peche da instalación para darse un baño. Foto: C. R.

Rois. As altas temperaturas rexistradas a pasada semana, especialmente o martes e o mércores, propiciaron que as instalacións da piscina municipal da Senra (Augasantas-Rois) batesen récord de asistencia superando os cen usuarios en cada xornada. Dende o sábado, 10 de xullo, o incremento das persoas usuarios foi notable, pasando das 48 rexistradas nesa xornada, ás 54 o domingo, 59 o luns e 107 o martes. A piscina da Senra mantén o seu horario de apertura ata o 15 de agosto de 16.00 a 21.00 horas, e do 16 de agosto ao 4 de setembro, de 16.00 a 20.30 horas. A entrada ás instalacións é de carácter gratuíto. Ademais destas instalacións, veciñanza e visitantes tamén acoden á praia fluvial de Seira para buscar un lugar onde refrescarse e mergullarse nas augas claras e frescas do río Rois. Este entorno natural é unha boa opción cando a calor apreta. A praia fluvial conta con auga de calidade óptima para o baño, segundo a Xunta. arca