A Proa achega conceptos básicos sobre a lingua lusa

Lingua portuguesa
M. Outeiro
Sede do espazo colaborativo A Proa na entrada ao polígono Novo Milladoiro. Foto: CA

A Maía. O espazo colaborativo A Proa da rúa das Hedras, na entrada de Novo Milladoiro, continúa no seu ciclo de talleres cunha sesión dedicada á aprendizaxe da lingua portuguesa, da que se impartirán conceptos básicos útiles para viaxar, presentarse ou para o uso cotiá. Será o vindeiro mércores 19 de outubro, ás 17.30 horas. O obradoiro estará impartido por Kika de Andrade, doutora en Educación e máster en Lingüística Xeral pola USC, e licenciada en Filoloxía Portuguesa pola Universidade Federal de Baía (Brasil). Trátase dunha actividade de balde, pero con prazas limitadas. As inscricións poden realizarse premendo na ligazón da web municipal (máis información na páxina web www.espazoaproa.gal). A exposición comezará cunha introdución á historia da lingua portuguesa e coa presentación de conceptos elementais do portugués. A edil Ana B. Paz lembra que se facilitarán “conceptos básicos” desa lingua. M. Outeiro