A programación cultural conquista aos amesáns

Cultura
C.G.
Presentación da programación cultural do Concello de Ames para o primeiro semestre de 2021. Foto: C. Ames

AMES. O Concello de Ames vén de facer unha enquisa web entre a veciñanza para medir o grao de satisfacción coa oferta cultural. Segundo os datos do goberno local “o 33 % de veciños e veciñas están moi satisfeitos coa oferta cultural”. A gran maioría, o 91 %, “adquire os convites a través da billeteira electrónica mentres que o 9 % restante, nas taquillas das casas de cultura”, sinalan fontes municipais. O 63 % dos enquisados coñece a programación a través da billeteira electrónica seguido do correo electrónico, a fonte principal para o 45 % da veciñanza. “O 90 % do público considera óptimo que as actuacións infantís sexan os venres ás 18.00 horas”. A enquisa tamén habilitou un apartado para engadir suxerencias. Algúns recomendaron diferentes compañías teatrais e outros que se establecese un sistema para a devolución automática de entradas no caso de que unha persoas non puidese asistir a un evento por estar contaxiada da COVID. C.G.