A tenda Máis que louza recolleu ata 320 quilos de doazóns de vaixela

Doazón
Claudina Estévez
Imaxe do establecemento de Bertamiráns Máis que louza. Foto: Concello de Ames

AMES. O establecemento de Bertamiráns Máis que louza recadou 320 quilos de doazóns de vaixela durante a segunda campaña solidaria Doando sempre gañas, que se desenvolveu dende o un de xullo ata o un de setembro. Este material súmase aos máis de 300 quilos recollidos na primeira campaña solidaria que se realizou

do 15 de marzo ata o 16 de abril. A tenda recolleu os aveños aportados pola veciñanza amesá, que a cambio recibiu un 5% de desconto para facer compras no establecemento. A louza xa foi recollida pola concellería de Benestar Social, que a través da Oficina de Voluntariado xa está a repartir estes bens entre a poboación. A solidariedade da veciñanza tivo tamén a súa recompensa, xa que todas aquelas persoas que realizaron doazóns gozaron dun desconto do cinco por cento no propio establecemento o día da doazón. c.g.