A veciñanza elixe ó mellor deportista: Carracedo, Golán, Novoa ou Rábano

Gala
M. Outeiro
Borja Golán, campión de squash dezasete veces en categoría absoluta. Foto: A. Hernández

Ames. A concellaría de Deportes organiza unha nova edición da Gala do Deporte, que se celebrará o 17 de decembro. E, novamente, a veciñanza amesá será a encargada de decidir o gañador dun dos premios ao mellor deportista de Ames durante o ano 2022, dende o banner da web e ata o vindeiro día 15.

Nesta ocasión, optan ao galardón catro deportistas. Dunha banda, Borja Golán Santín, xogador de squash, que este ano logrou facerse co título de campión de España na categoría absoluta por décimo sétima vez; Hugo Novoa Ramos, xogador de fútbol, dianteiro no equipo R.B. Leipzig; Guillermo Carracedo Robelo, que no 2022 quedou campión de Europa absoluto de paddle surf e Nuria Rábano Blanco, que xoga como lateral esquerdo no club FC Barcelona, na primeira división feminina española e na Champions League. Tamén é internacional coa Selección nacional absoluta feminina de España. M. Outeiro