A vila de Pontemaceira será recoñecida como Ben de Interese Cultural

Bien de Interés Cultural
Pedro Brea
Imaxe da vila de Pontemaceira, que vai ser declarada como BIC. Foto: Páxinas Galegas

AMES. A Xunta avanzará no recoñecemento de ben de interese cultural (BIC), coa categoría de monumento e nivel de protección integral, a ponte de Ponte Maceira sobre o río Tambre, entre os termos municipais de Ames e Negreira. As razóns esgrimidas para esta declaración fundaméntanse tanto no papel vertebral que desempeñou esta infraestrutura na comunicación entre o interior de Galicia e a costa, entre as comarcas da Maía e A Barcala, separadas polo río Tambre, como en ser parte esencial no percorrido da ruta principal do Camiño de Santiago de Fisterra e Muxía. A ponte actual foi construída entre o século XIII e o XIV polo poder eclesiástico de Santiago de Compostela, co fin de facilitar a comunicación cos portos de Fisterra e controlar o acceso

e mercadoría, ademais de actuar como fronteira entre os Fonseca e os Traba. P.b.