Aberto a reclamacións o regulamento de honras

Reconocimientos
M. Outeiro
Recoñecemento a Maximino Viaño, sentado, nomeado Cronista Oficial de Ames. Foto: CA

Ames. Ames aprobou no pasado mes de xullo o seu Regulamento de Títulos, Honras e Distincións, que agora somete a información pública ata o 26 de setembro (pódense remitir as suxerencias ao enderezo secretaria@concellodeames.gal). Con esta normativa municipal fíxanse os recoñecementos que a admistración local pode outorgar a persoeiros relevantes e traballadores.

Deste xeito, no texto inclúense a Medalla do Concello de Ames (pola traxectoria profesional ou social); o Título de Fillo/a predilecto/a e Fillo/a adoptivo/a; Título de Cidadán/á distinguido/a (as persoas nas que concorren méritos singulares); Título de Ilustre visitante (persoeiros recibidos oficialmente); Méritos ao persoal traballador (os que se xubilen ou cumpran 25 anos de servizo) e Cronista oficial de Ames.

De non formularse reclamacións, o acordo ata entón inicial do regulamento estará definitivamente aprobado, sen necesidade de que volva ao pleno. M. Outeiro