Aberto o certame Ilumina o teu Sorriso de fotografía

Certamen de fotografía
M. Outeiro
A concelleira Ana Belén Paz, terceira esquerda, con membros do tecido comercial. Foto: CDA

a Maía. Vén de presentarse a terceira edición do concurso de fotografía Ilumina o teu sorriso, organizado polas tres asociacións de comerciantes e empresarios amesás, e coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica, Rueiro Clínica Dental e o estudo Javier Troitiño Fotógrafo. Para participar na campaña, cómpre facerse dúas fotos en dous dos seis lugares seleccionados polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello, da Maía e de Chavián, en Bertamiráns, ou ben nas prazas de Manuel Murguía, da Madalena ou en Anxeriz, no Milladoiro. E hai que remitilas por correo electrónico (amesnarua@gmail.com) antes do 7 de xaneiro. As persoas participantes poden gañar un teléfono móbil de última xeración, doado por Rueiro Clínica Dental. O obxectivo da proposta é “fomentar e dinamizar o comercio local”, segundo a edil de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e Troitiño fará unha mostra cas fotos recibidas. m. oUTEIRO