Abre o prazo para participar, berces incluídos, na actividade Arrolos de salitre da vila amiense

Música
ARCA
Cartel anunciador do obradoiro

Ames. O vindeiro xoves 11 de marzo, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns encherase de arrolos e cantos de berce da man de Faia Díaz e Guillerme Fernández a través da actividade Arrolos de salitre. Este obradoiro, que estará orientado tanto a familias con crianzas de cero a dous anos como a futuras mamás e papás, contará con dúas sesións: unha ás 17.00 e outra ás 18.00 horas.

A iniciativa busca que as persoas asistentes aprendan cantos de berce para transmitirlles afecto ás crianzas a través da lingua e da música. A actividade é gratuíta e as prazas cubriranse por orde de inscrición. Para inscribirse é necesario enviar un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, indicando o nome e os apelidos das persoas participantes, a idade das crianzas e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego continúa no mes de marzo co taller Arrolos de salitre, actividade que regresa a Ames tras o éxito de participación acadado nas pasadas edicións. Nesta ocasión, o obradoiro realizarase no Pazo da Peregrina o xoves 11 de marzo. Conducirano Faia Díaz e Guillerme Fernández, do grupo musical De Vacas. arca