Acougo resposta dúbidas sobre acollida de menores

protección de menores
M. Outeiro
Grupo de voluntariado da Asociación Galega de Familias de Acollida, Acougo. Foto: Acougo

Ames. A Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) organiza este sábado, 3 de decembro ás 17.30 horas, un novo encontro entre persoas da comunidade do acollemento, co fin de que poidan compartir dúbidas, experiencias ou preocupacións. Será na casa da cultura do Milladoiro, e para participar na xuntanza cómpre cubrir o formulario da web municipal, ou contactar coa propia asociación Acougo a través do teléfono 622 672 188 ou do enderezo electrónico (info@acougo.gal).

Entre as dúbidas a abordar no encontro destacan algunhas como cantas crianzas e adolescentes están no sistema de protección, a porcentaxe de acollemento en familia extensa e allea ou as entidades implicadas no proceso. En Galicia hai máis dun milleiro de menores tutelados temporalmente en centros residenciais mentres as súas propias familias non poden facerse cargo deles, e o acollemento busca aportar unha solución temporal ó problema. M. Outeiro