Adiada a saída para o caiac e laser tac do sábado polas malas previsións do tempo

Mocidade
M.M.
Visitantes practicando co caiac na área fluvial de Agronovo, no Concello de Vedra. Foto: ST

A Maía. A concellaría de Mocidade amesá decidiu aprazar a xornada de caiac e laser tag organizada a través do programa Trouleando, que se ía celebrar na área recreativa de Agronovo, en Vedra. O motivo son as “altas probabilidades de chuvia previstas para este sábado 22”. No que atinxe á nova data da actividade, está aínda por definir e será anunciada proximamente. Trátase dunha xornada lúdica na que pode participar a mocidade empadroada en Ames a partir dos 12 anos (que corresponde ás persoas nadas no 2009), para pasar unha mañá xogando en grupos ao laser tag e posteriormente poderá desfrutar dun pequeno percorrido en caiac polo río Ulla. Haberá servizo de autobús dende os dous núcleos principais do Concello, e como marco elixiuse un área fluvial pola que tamén pasa a ruta de sendeirismo de San Xoán da Cova. m.m.