Adxudicado o servizo de limpeza e desbroce rural

Maleza
M. Manteiga
Operarios nunha anterior campaña de desbroce polos núcleos do rural amesán. Foto: CDA

A Maía. O tripartito amesán adxudicou o expediente de licitación do Servizo de desbroce, limpeza e mantemento dos núcleos rurais do concello de Ames á empresa Jardincelas S.L. A través deste servizo, que se enmarca dentro do Plamrural Anmes, preténdese realizar os traballos de limpeza, mantemento e conservación dos accesos e interiores dos núcleos rurais das once parroquias amesás. O valor do contrato, de dous anos de duración, é de 227.754 €.

Este programa está destinado a manter os camiños, os accesos e os interiores das aldeas nas condicións idóneas, así como a mellorar a habitabilidade das mesmas. Os traballos consisten na realización de desbroce, limpeza e mantemento das marxes das estradas; incluíndo a contorna dos lavadeiros, igrexas, locais sociais, muíños, beirarrúas, entre outras, un mantemento que realizarase exclusivamente no rural, nas 107 aldeas que conforman as 11 parroquias amesás. m.m.