Adxudicados os carreiros escolares que conectarán Bertamiráns e Milladoiro

seguridade viaria
ARCA
Imaxe do lugar por onde transcurrre o carreiro de O Milladoiro. Foto: Concello de Ames

AMES. A xunta de goberno local de Ames vén de aprobar a adxudicación do proxecto de creación de carreiros escolares que conectarán os núcleos de Bertamiráns e do Milladoiro cos centros de ensino. Dito proxecto foi adxudicado á empresa SYR-AMGL S.L. por 210.080,80 euros (IVE incluído). A actuación está cofinanciada polo Feder no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. O obxectivo é crear uns carreiros escolares seguros. A senda para o acceso ao CEP de Ventín dende a zona oeste do Milladoiro terá un trazado eminentemente rural e estará divida en tres treitos. A senda para o acceso ao CEIP da Maía e ao IES de Ames, en Bertamiráns, farase creando unha senda peonil na beirarrúa existente modificada na avenida da Peregrina, partindo do cruzamento coa avenida da Maía. arca