Afectacións polos eólicos de Banzas e Maragouto

Energía eólica
ECG
Mirador do Alto do Cotro, en cuxo entorno levantarase o parque eólico de Banzas. Foto: CN

Negreira. A Xefatura Territorial de A Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación está a someter a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública para a urxente ocupación de bens, do proxecto da Solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Maragouto e Banzas, que afecta a centos de leiras nos municipios de Mazaricos, Brión, Lousame, Negreira, Outes e tamén Rois.

O acordo foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG), do pasado día 5 de maio de 2022, polo que ábrese un período de 30 días para a exposición pública en cada concello, para a presentación de alegacións, contados a partir do día seguinte a súa publicación. A documentación está nas casas dos concellos aos que atinxe; nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (e na súa web). ECG