Afonso Eanes vai levar a súa VII Xornada do Rural a Ordoeste, na Baña, o 26

Promoción rural
M. Outeiro
O local social de Ordoeste, A Baña, está situado diante do restaurante O Arranca. Foto: GM

A Barcala. A asociación cultural barcalesa Afonso Eanes levará a súa VII Xornada do Rural Pousa Antelo ata o local social de Ordoeste, na Baña, o vindeiro día 26. Comezarán ás 10.45 horas ca ponencia Lei de Montes e Lei de Incendios de Galicia. Distancias de plantación e xestión da biomasa en faixas auxiliares a cargo de Abel Pérez. Seguiralle ás 11.30 h., Vulnerabilidade dos núcleos rurais ante incendios forestais, con Antonio Agulló. E xa ás 12.45, Jesús de la Fuente falará sobre un monte galego diferente, poñendo en valor as súas fortalezas. Seguiralle despois do xantar (reservas antes do día 23 no tf 627 162 939) Ana Rodríguez Vázquez, quen disertará ás 16.30 horas sobre a nova PAC para 2023, e rematará Carme Varela ca charla Asedio eólico, ás 17.15 horas. A entrada é de balde, e colabora a asociación Camiño Real de Ordoeste. M. Outeiro