Alumnado de Padrón visita en Vedra o centro de emprendemento

Emprendedores
ARCA
Os alumnos e alumnas do IES de Padrón escoitando as explicacións no centro. Foto: C. V.

vedra. O Centro de Emprendemento A Estación, do municipio de Vedra, continúa coa súa actividade e recibindo visitas procedentes de distintos puntos de Galicia. Unha das últimas foi a do alumnado e profesorado do IES Macías o Enamorado do municipio de Padrón que puideron familiarizarse co traballo dun concello encamiñado a estiar a economía local a través da formación, a titoría e o apoio á xente emprendedora. Asimismo, o grupo, que estaba formado por cuarenta e cinco persoas pertencente aos distintos ciclos formativos que se imparten no instituto padronés (FP Básica, Ciclo Medio e Superior de Administración) tuvo a oportunidade de coñecer e ver “in situ” este labor levado a cabo no centro de emprendemento municipal de Vedra, segundo a información facilitada polo departamento de Cultura do Concello. ARCa