Amabul organiza dous cursos nos que o medio ambiente é o centro

Medio Ambiente
Claudina Estévez
Cartel da actividade de humor gráfico ambiental. Foto: Amabul

A Asociación medioambiental Amabul, de Vedra, que dirixe Rubén Villasenín, acaba de abrir o prazo para dúas interesantes iniciativas. Por unha banda, os días 18, 19 e 26 de setembro e o 9 e 10 de outubro desenvolverase un curso de monitor/a de educación ambiental, subvencionado pola Deputación da Coruña. É de balde e será na Nave da Estación de Santa Cruz. Está dirixido a educadores, monitores e directores de tempo libre e guías de ecoturismo, entre outros. Por outra banda, o 25 de setembro e o 2 de outubro, tamén de balde e subvencionada pola Deputación, desenvolverase na Nave da Estación un curso de humor gráfico ambiental. Será impartido polo debuxante e colaborador deste xornal, Kiko da Silva. Hai que anotarse en ambos en amabul.org. C.E.