Amabul pon en valor os recursos micolóxicos

Cogomelos
Claudina Estévez
Un dos paneis da mostra. Foto: A.

VEDRA. A Asociación medioambiental Amabul, de Vedra, promove grazas á financiación da Deputación da Coruña a exposición itinerante Wood Wide Web, a rede que dá vida ao planeta, sobre a importancia ecolóxica e ambiental dos cogomelos. O obxectivo da mostra é sensibilizar, educar e motivar cara a acción ambiental responsable no eido da conservación dos bosques e dos recursos micolóxicos. Preséntase como un percorrido secuencial dividido en cinco grandes bloques de contidos. Un dos 16 paneis que compoñen a exposición explica a importancia dos fungos: “ao igual que nas redes tecnolóxicas, gran parte transpórtase baixo terra, non por cable de fibra óptica senón a través dos fungos”. Noutros poden atoparse curiosidades como a importancia que teñen á hora de limpar e almacenar as augas. Esta mostra pode ser solicitada por calquera entidade e cederase de balde durante tre semanas. Máis consultas en www.amabul.org. C.E.