Ames acolle un concerto do grupo Battosai que se seguirá en streaming

Cultura
Claudina Estévez
Cartel que anuncia a actuación de Battosai. Foto: C.A.

AMES. Continúa hoxe o programa musical O domingo á tarde, posto en marcha polo Concello de Ames, cunha segunda sesión de música en directo de man do grupo Battosai (que por certo foi premiado recentemente no Xuventude Crea). O concerto será ás 20.00 horas e o espectáculo estará introducido e presentado por Adrián Cunha, fotógrafo, realizador e presentador. Antes da actuación, manterá unha breve entrevista informal cos artistas a través dun chat que estará activo antes, durante e despois do concerto. Todos os interesados en seguir esta proposta musical en directo deberán acceder á canle de Youtube O domingo á tarde. No marco desta iniciativa tamén actuaron o pasado día 14 Javier Constenla e Pilar Martínez. O vindeiro domingo 28 o grupo de pandereteiras As Maianas porá o punto e final. C.E.