Ames aumenta a partida de axudas aos colectivos menos favorecidos

axudas sociais
ARCA
Casa consistorial de Ames, sita en Bertamiráns. Foto: C. A.

AMES.O Concello de Ames vén de aprobar, a través de decreto da alcaldía, a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social para o exercicio 2021. Con esta convocatoria, o goberno municipal quere acadar unha atención complementaria eficaz destinada ás persoas usuarias dos Servizos Sociais, mediante a promoción de diferentes actuacións relativas, por exemplo, á saúde pública ou á inclusión social de colectivos con dificultades de inserción. Este ano a contía increméntase en 20.000 euros con respecto ao ano pasado e acada os 60.000. euros. A convocatoria considera subvencionables tres liñas de actuacións complementarias: proxectos de inclusión ou de convivencia, como propostas que formen parte de programas de inserción dirixidos a colectivos con especiais dificultades; xornadas, charlas e divulgación dos efectos de determinadas enfermidades, adicións ou outras problemáticas de índole sanitario, e, finalmente, actuacións destinadas a adquirir capacitación persoal, formación básica e de tipo laboral específica, adaptada ás necesidades de persoas con discapacidade física, intelectual, mental ou sensorial. arca