Ames busca máis formas de reducir o consumo de auga durante este verán

Auga
C.G.
Blas García, 2º esquerda, durante a reunión con Espina & Delfín. Foto: C. Ames

Ames. O Concello de Ames vén adoptando unha serie de medidas dende comezos de verán para reducir o consumo de auga, como controlar e reducir o rego dos xardíns municipais e das zonas verdes, así como a cantidade de auga potable que se gasta nos baldeos e servizos de limpeza. Neste senso, o alcalde Blas García reuniuse con Espina & Delfín, empresa xestora do ciclo da auga en Ames, co fin de propoñer posibles formas de minimizar as perdas nas redes de abastecemento e saneamento, como o control dinámico da presión da auga ou a reparación de fugas nalgúns puntos da rede municipal. Asemade, o Concello continúa pedindo a colaboración da veciñanza para facer un uso responsable da mesma. O goberno local desenvolve dende xuño varias medidas co fin de fomentar un uso moderado deste recurso durante o verán. C.G.