Ames pon en valor os servizos de conciliación da vila nun seminario

conciliación
Claudina Estévez
David Santomil durante o seminario. Foto: C. Ames

AMES. A pasada semana celebrouse na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Vida) o IV Seminario Internacional Tempos Educativos e Sociais. Foi un encontro que tivo como finalidade reflexionar sobre as conexións entre a conciliación dos tempos, a equidade e as súas repercusións na vida da infancia, destacando o papel da educación na construción de sociedades máis xustas e inclusivas. O Concello de Ames participou en dito seminario para dar a coñecer os servizos complementarios de educación e conciliación. O concelleiro de Educación e Axenda Urbana, David Santomil, participou na mesa A conciliación: unha visión dende o asociacionismo, a empresa e a Administración local, na que destacou a importancia destas xornadas “pola transcendencia que teñen a nivel internacional”. C.E.